INSCRIPCION CATEQUESE CURSO 2021-22



Descarga A FICHA DE INSCRIPCIÓN.

Unha vez cumprimentada e asinada a ficha de inscripción haberá que entregala na sacristía do Templo Novo de Marín arredor da hora de misa (de martes a sábado a partires das 7 da tarde; os domingos as misas son pola mañá).

O prazo para se inscribir conclúe o domingo 3 de outubro



O curso catequético este ano dará comezo o vindeiro domingo 10 de outubro coa misa das 12 no Templo Novo.

Aínda que segue a ser necesario seguir coidándonos a nós mesmos e aos demais mediante o cumprimento das medidas sanitarias, a situación actual permítenos retomar e continuar coa actividade catequizadora nas parroquias, tal e como viña sucedendo antes da pandemia. Será un motivo de gran ledicia poder reencontrarnos todos xuntos.

É necesario que isto sexa así porque a parroquia é "o fogar común" de todos os cristiáns e a "casa da catequese" por excelencia. Alí os nenos teñen a oportunidade de vivir e aprender, xunto con todos os crentes e cos catequistas, a alegría da fe e de crer en Xesús.

Pero, cando volvamos, será bo que non esquezamos e deixemos atrás a fermosa experiencia que comezou o ano pasado, cando o "#Catequese_comezaba_na_casa". 

A catequese sempre comeza na casa! A casa e a familia son o primeiro ambiente natural para o crecemento e maduración da fe e, nela, os pais e avós son os primeiros catequistas. Sigamos apoiando e continuando esta experiencia nos fogares.











Comentarios